Site icon Crónica3.com A Mariña

Trasbar comeza o “curso” coa representación de “De vello, gaiteiro” do grupo Pico do Castro

Trasbar, 30 de setembro de 2015.- A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar, logo de dedicar o verán a organizar as festas patronais, comeza esta fin de semana a abrir o local social para que os veciños podan pasar as tardes das fins de semana. O horario de apertura será o mesmo de sempre, os sábados a partir das 18.00 h e os domingos a partir das 17.00 h. Este horario mantense ata finais do mes de xuño.

Con motivo da apertura do seu “curso”, contarán cunha obra de teatro que terá lugar este sábado no local social de Trasbar, ás 19.00 h, a cargo do grupo Pico do Castro coa obra “De vello gaiteiro”, unha obra incluída no programa Buxiganga da Deputación de Lugo, con entrada libre.

Esta fin de semana comeza tamén o prazo para inscribirse nos campionatos de tute e de parchís que organiza este colectivo e que van xa pola súa quinta edición. A inscrición é de balde para a xente que teña a condición de socia mentres que para as persoas que non son socias terá un custo de 10 € por persoa.

Dende a Asociación de veciños do burgo de Trasbar animan a participar a toda a xente nas súas actividades.

Exit mobile version