Site icon Crónica3.com A Mariña

Un punto na Senra para os celestes

Álex marcaba para o Ribadeo na Senra tras un saque de esquina. Corría o minuto 16 e, dende entón, os celestes lograron manter a vantaxe ata preto do final cunha estratexia claramente defensiva.

O Ribadeo FC saltaba ó campo con cinco defensas -debido ás baixas- e lograba contrarrestar o dominio do Ribadumia ata o minuto 88. A falta de 2 minutos para o desenlace, Agus marcaba para os locais.

Tras este empate, os de Germán e Vilachá sitúanse na décimo cuarta posición da táboa con 7 puntos. A vindeira xornada reciben ó Barbadás no Pepe Barrera.

Exit mobile version