Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha unidade móbil de ITV pasará inspección ós vehículos agrícolas no Mercado Comarcal Gandeiro de Lourenzá do 22 ó 25 de setembro

Lourenzá, 3 de setembro de 2015. Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará no mercado comarcal gandeiro de Lourenzá do 22 ao 25 deste mes de setembro. Anúnciao a alcaldesa, Rocío López García, a través dun bando.

O horario habitual de atención será de 09.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas. Para solicitar cita previa pode facerse a través do teléfono 902.30.90.00 ou na páxina web www.sycitv.com.

A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspeccións regulamentarias.

Exit mobile version