Site icon Crónica3.com A Mariña

V Día Solidario en Barreiros

vA Rede de Voluntariado Local do Concello de Barreiros recadou 2.600 euros na cea do V Día Solidario, que se celebrou o pasado venres no restaurante A Ribeira. Eses cartos “foron doados á asociación Debra, que traballa con persoas afectadas pola denominada piel de mariposa”, explican os organizadores. A entrega realizouse a un representante que a propia asociación ten na Mariña luguesa. A Rede de Voluntariado Local do Concello de Barreiros “en nome das voluntarias, agradece a todas persoas asistentes o seu xesto e tamén ao colaboradores a súa aportación e participación no evento”.

Exit mobile version