Ribadeo, 24 de setembro de 2015.- Acisa súmase ao programa de actos da XIV Feira da Horta, que organizan o Concello e A Sucadoira. Un grupo de locais hostaleiros cociñarán e ofrecerán tapas elaboradas con produtos da horta ribadense.
Os establecementos participares son: Parador de Turismo, Queimada, Costa Verde, Mediante e O Cabazo. “Está previsto que algún máis se some á iniciativa coa que se pretende potenciar o consumo dos produtos máis próximos, os que se sementan e se cultivan na horta de Ribadeo, que destacan pola súa frescura”, sinalan desde a directiva de Acisa.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos anima “a ribadenses e visitantes a gozar o vindeiro domingo da Feira da Horta e a achegarse a degustar as tapas que atoparán nos locais participantes”.