Site icon Crónica3.com A Mariña

Volta Chao de Castro-Altair Burela un ano mais coas súas actividades de lecer educativo

chegadaBurela, 8 de setembro de 2015.- Volta Chao de Castro-Altair un ano mais coas súas actividades de lecer educativo. O sábado 12 de setembro ás 19:00 horas na Casa da Xuventude de Burela, este colectivo celebrará unha reunión informativa coas familias.

Que pode aportar Chao de Castro-Altair a meus fillos e á súa educación?
-Un espazo para disfrutar e aprender, despertar a creatividade, as habilidades e destrezas, coñecementos e competencias

-Un ámbito de convivencia, cooperación, compañeirismo e respecto polas persoas e o territorio

-Unha proposta lúdica, en contacto coa natureza e o aire libre, baseado na pedagoxía do proxecto e da acción.

Cando funciona o grupo de lecer educativo Chao de Castro-Altair?
Todos os sábados, de 16 a 19 horas. Campamentos de inicio de outono, inverno, primavera e verán.

Onde?
Na Casa da Xuventude de Burela

Que é Altair?
Altair é un proxecto educativo independente de educación en valores no tempo libre. Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia 2012/017007 Sección 1. Para mais información, cotas e inscrición: 685325153

Exit mobile version