Estas Xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contando, como xa dixemos, coa colaboración do IES Illa de Sarón. Polas mesmas van pasar tódolos alumnos/as do IES, e nelas vánselles explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán, asimesmo, a oportunidade de xogar.
As xornadas teñen, polo tanto, unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do xogador Modesto Albo, o xogador máis veterano do Concello, de 86 anos, quen se encarga de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bóla, etc.
Pois ben, este martes comezaron estas Xornadas ás 12:50 horas coa participación dos 32 alumnos/as de 1º de ESO.
Martes 29 de setembro:
-12:50 a 13:40 horas: 1º A de ESO ( 16 alumnos/as).
-13:40 a 14:30 horas: 1º B de ESO (16 alumnos/as)
Este mércores e xoves continuará esta actividade con arranxo ao seguinte horario:
Mércores 30 de setembro:
-12:50 a 13:40 horas: 2º de ESO (22 alumnos/as)
Xoves, 1 de outubro:
-10:50 a 11:40 horas: 3º de ESO (28 alumnos/as)
-13:40 a 14:30 horas: 4º de ESO (10 alumnos/as)
O lugar onde se están desenvolvendo é a NOVA BOLERA DO IES ILLA DE SARÓN, ubicada no Patio do propio Instituto.
O obxectivo destas Xornadas, ademáis da promoción deste deporte en sí, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bólos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 15 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.
Lóxicamente, por idade, o mellor sitio onde se poderían atopar novos xogadores sería o IES, dado que os alumnos/as da ESO teñan unha idade ideal para comezar neste xogo.
Dende o Concello só nos queda agradecerlle ao IES Illa de Sarón, en especial ao profesor de deporte Luis Rico Pernas, así como a Modesto Albo, toda a colaboración prestada na organización destas Xornadas.