
Burela, 17 de setembro de 2015.- O xoves día 17 de setembro, o programa Parolando de Radio Burela estivo dedicado a persoas xubiladas que viven a súa xubilación con ilusión e proxectos, sobre todo musicais, persoas creativas que mostran gran creatividade e son moi activas. Estiveron presentes no coloquio José Pulpeiro “Gallopín”, que vén de publicar un CD con once cancións (ós seus 80 anos); Pepe do Norte, que xa leva tres CDs gravados; Jordi Melián, catalán afincado en Alfoz que forma parte da Xunta Directiva do SEVA, e tres membros do grupo Brétema de Viveiro (Xusto, Pedro e Guillermo), que interpretan cancións dos anos 60 e 70, de grupos como Beatles, Brincos, Módulos, Pop Tops, etc. Todos deron mostras dunha gran iniciativa para facer cousas e dunha gran alegría de vivir, algo que, segundo moitos se perde coa anos, pero que os convidados demostraron que dura toda a vida.
A gravación íntegra do programa pódese escoitar aquí.