Site icon Crónica3.com A Mariña

18 establecementos hostaleiros de Foz participan na Festa do Mexillón durante a ponte do Pilar

pres-festa-mexillonFoz, 2 de outubro de 2015. A Festa do Mexillón que organiza o Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz desenvolverase en 18 establecementos hostaleiros da vila durante a ponte do Pilar, do 10 ao 12 de outubro.

Neste evento gastronómico participan A Bolera, A Funcional, A Soalta, A Viela, Bar 78, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Cervecería Portovello, Hostal O Norte, Marexada, O Muelle Bar, O Náutico, O Tangarte Mariñeiro, O Tangarte Mesón, Pescadería Cetárea Mar Cantábrico, Pizzería Xoiña, Restaurante Dandy e Restaurante Fina.

Desde o Centro Comercial Aberto animan “á xente que nos visite eses días e aos veciños e veciñas de Foz e da comarca da Mariña a achegarse a saborear este produto, que atoparán preparado de diversas maneiras”. A directiva do CCA quere “ofrecerlle unha alternativa a esas persoas que acudirán a pasar a ponte do Pilar a esta zona”.

A Festa do Mexillón de Foz, que se celebrará do 10 ao 12 de outubro, foi presentada por varios membros da directiva.

Exit mobile version