Site icon Crónica3.com A Mariña

3 podios para o Toxiza Clube de Montaña no trail do Comado

toxiza-comadoXan e Martín, do Toxiza Clube de Montaña, mantiveron no trail de Comado unha intensa batalla con Paco Gueimunde polo podio da proba dos 4,5 km e 1/2 vertical ata o último momento.

Finalmente, Xan impúxose ofrecendo unha exhibición de fortaleza “nunha bonita carreira con vistas espectaculares no alto do Comado onde había que apretar os dentes para superalo”. Pola súa banda, Martín acadaba a terceira posición da xeral e a primeira da categoría.

Tamén destaca a notable actuación de Xavier Valoria e Miguel Poyatos nos 21 km.

Dende o club danlle a noraboa á organización “pola marcaxe, avituallamentos, ambiente e percorrido. Trail galego en estado puro”, conclúen.

Exit mobile version