Site icon Crónica3.com A Mariña

3ª xornada da LNB NorLeste: Un explosivo Iván gaña na Pontenova

DSC0918927 de outubro de 2015.- Os Fornos, que maxestuosos presiden a acolledora Praza do mesmo nome en A Pontenova, convertéronse unha vez mais en mudas testemuñas da 3ª xornada da LNB da Conferencia Norleste, que se celebrou o sábado 24 de outubro e donde destacou Iván de Pena Verde, que foi quen de gañar e facerse ca artística Navalla de Campión individual do Aberto.

Estupenda xornada ca participación de medio cento de palanadores dos distintos equipos, na que se botou en falta xente dos Carabullo por estar nunha ceremonia de cabodano, acompañando a Santi, para quen tiveron unha garimosa lembranza e unha aperta.

Os ceos anubrados con ameaza de choiva, e de feito un lixeiro barruzo fixo acto de presenza cando xa estaban xogando, pero por sorte só foron unas poucas pingas e poidemos finalizar a xornada sin maiores contratempos.

As carreiras sucedéronse rápidamente, de feito debeu ser unha das xornada mais rápidas. Cambia o conto de xogar en prado (como foron as derradeiras xornadas), a facelo nunha superficie lisa, ainda que sexa de adoquín ou de lousa; chégase ao varal en moitos menos golpes, tanto é así que cando se quixeron dar conta xa tiñan rematado o encontro.

Ben, pois como xa queda dito, Iván foi o gañador con 23 puntos. Xa tiña o podio asegurado, so pendente de se era primeiro ou se tiña que xogar un desempate, en caso de que Regueiro (Troitas Bravas) fixera cinco puntos na derradeira carreira. So fixo catro, cos que sumaba 22, daquela quedaba no segundo posto. Seguían na puntuación Daniel (Billardeiros Musicais) e Noé (Troitas Bravas) con candanseus 21 puntos, estes si que tiveron que desempatar a dúas carreiras máis para chegar o 3º caixon. Foi Daniel quen se mostrou mais seguro e se fixo co posto.

En donas a mellor foi máis unha volta Geni (Billardeiros Musicais), seguida de Bea (Troitas Bravas) e de Lucia (Remourelle Bulls).

En canto a equipos, dominaron a xornada os Billardeiros Musicais seguidos de Troitas Bravas e de O Cadaval.

Os agasallos para os gañadores foron entregados polo concelleiro de cultura de A Pontenova que estivo acompañado en todo momento por Regueiro do equipo anfitrión.

Primeiros (absoluto, donas e equipo) Navalla artesana de J. Rodil.

Segundos (absoluto e donas) cerámica do forno.

Terceiros (absoluto e donas) metacrilato con escudo do Concello de A Pontenova. Tamen se entregaron como trofeo unhas espigas de millo corvo traídas expresamente de Bueu para a ocasión.

Co berro de Billarda sempre! e agardando xa pola vindeira xornada de San Miguel de Reinante o 14 de novembro recadaron varales, paláns e billardas e deixaron a fermosa praza dos Fornos ata o ano.

As clasifiacións logo desta terceira xornada quedan asi:
Individual: Regueiro 63 p., Daniel 62 p., Pepe Vidal 57 p., Pepe Outeiro 56 p., Manolo Pozo 54 p.
Donas: Geni 41 p., Bea 24 p., Lucia 18 p.
Equipos: Billardeiros Musicais 225 p., O Cadaval 200 p., Troitas Bravas 159 p.

Exit mobile version