Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Madrid ten toda a razón

A alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, anunciou que o Concello está intentando poñer en marcha un servizo de traballo social universitario, para que os mozos axuden a varrer a cidade. Quere a alcaldesa que os mozos sexan xestores dos grandes acontecementos xuvenís. A priori é unha idea sinxela. Concienciar aos mozos de que deben limpar o que enmerdan, xeneralmente perante as celebracións dos botellones. Ignoro si despois concienciará aos que acudan a grandes acontecementos como partidos de fútbol, concertos, manifestacións… de que limpen tralos eventos.

A prensa de dereita, que e casi toda neste país, puxo a alcaldesa a caer de un burro, como sempre que alguen di algo de proveito. Eu non creo que a señora Carmena pretenda aforrar uns euros na limpeza viaria e utilice a universitarios voluntarios en lugar de traballadores remunerados. Sería de moi mal gusto. En todo caso, xa que vai utilizar a voluntarios, podería empregar a persoas ociosas. Deixemos que os universitarios, os futuros xenios do país, céntrense nos seus estudos. Logo queixámosnos/queixámonos da fuga de cerebros. Propóñolle á señora Carmena utilizar aos nin-nis. En lugar de malgastar o seu tempo vendo Gran Irmán e bazofias televisivas da mesma índole, que o empreguen en servizos á comunidade. Ou postos a elixir a persoas improductivas, por que non coloca aos senadores nestes postos de tanta responsabilidade? Por suposto sen cobrar un céntimo.

É triste que os nosos universitarios de hoxe, teñan que emigrar ou traballar servindo en restaurantes de comida rápida, con todos os respectos. A realidade é que non se inviste en I+ D, porque non é rendible a curto prazo. E claro, as eleccións hai que gañalas cada catro anos. Se cadra é máis sinxelo ensinar aos nenos, non só nas escolas senón tamén desde casa, a ser cívicos. A min ensináronmo os meus país. Si mancho, o limpo. É moi sinxelo. Hai que educar ás futuras xeracións que temos dereitos, afortunadamente, pero tamén temos obrigacións, ou deberes. ¿Esta craro?. Pois a ser bos¡

Otero Regal.

Exit mobile version