O ciclo inaugurarase o sábado 10 de outubro ás 19 horas, coa conferencia “A guerrilla na zona do Valadouro”, a cargo de Arturo Mogo. O 21 de outubro ás 20 horas terá lugar un cinefórum coa proxección do documental “O Piloto”, sobre José Castro, o último guerrilleiro morto pola Garda Civil en 1965. O filme está realizado por José Reigosa segundo guión de Alfonso Eiré.
Xa no mes de novembro, o día 7 Francisco Piñeiro pronunciará a conferencia “Entre o desacougo de Cunqueiro e os traidores do Gardarríos” ás 20 horas, e o día 28 á mesma hora será o turno para “A recuperación da memoria democrática. A Historia secuestrada polo franquismo”, a cargo de Manuel Monge.
Todos os actos terán entrada libre e gratuíta.