Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña participa nunhas xornadas de teatro organizadas por Andaina

DSC0596815 de outubro de 2015.- Este venres día 16 de outubro os usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña que participan no taller de teatro irán a actuar a Dodro. A actuación enmárcase dentro das xornadas de teatro que organiza a asociación Andaina e donde tamén participarán as asociacións de Albores, Doa e Morea.

O grupo de teatro de “A Mariña” representará a obra “O cazo de Sabela” que está baseada no conto “El cazo de Lorenzo”. Esta obra trata metafóricamente a historia dunha nena á que de súpeto lle cae un cazo enriba e dende ese momento ten que aprender a convivir con él.

O cazo simboliza a enfermidade mental, o que supón para eles mesmos, para as súas familias e como podemos axudar nós a normalizar esa situación e facer que sexa máis doada de levar.

Será unha xornada moi divertida onde, ademáis de compartir o día con usuarios de outras asociacións, se concienciará sobre as enfermidades mentais.

Con actividades como esta a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña contribúe a mellorar a autoestima e as relacións sociais dos seus usuarios, ademáis de visibilizar o gran traballo que fan nos talleres (neste caso de teatro).

Foto: actuación na Unidade Residencial en Cervo con motivo da celebración do Día Mundial da Saúde Mental

Exit mobile version