Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña celebra o Samaín

Taller decoración cabazas28 de outubro de 2015.- Desde a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña queren contribuír á celebración das festas populares, xa que son unha ocasión excepcional para que os usuarios as coñezan, se relacionen e disfruten. Así contribúese á súa integración e á súa estabilidade terapéutica, o que se traduce nunha melloría da súa calidade de vida.

Este ano a celebración do Samaín comezou o pasado martes coa realización dun taller de cabazas. Neste taller deixouse renda solta á imaxinación para decorar múltiples cabazas que serven de decoración estes días na Unidade Residencial. É é este dispositivo (situado en Cervo) onde este xoves pola maná (a partires das 11:00 h) se reunirán tanto usuarios como monitores de todos os centros para gozar dunha xornada festiva. A mañá empeza coa decoración da Unidade Residencial e seguirá con xogos e baile. Para finalizar comerán todos xuntos.

Exit mobile version