Site icon Crónica3.com A Mariña

A auga da fonte de Santoalla non é apta para o consumo, segundo advirte o Concello de Burela

Burela, 27 de outubro de 2015.- A auga da fonte de Santoalla, situada nas proximidades das rúas do Río e Pascual Veiga non é potable, segundo confirman as últimas analíticas realizadas nas fontes de Burela.

O alcalde, Alfredo Llano, sinala que “tras as intensas chuvias da semana pasada fixéronse analíticas nas fontes que temos en Burela e na de Santoalla detectouse a presenza da bacteria E-coli. O que fixemos foi colocar un cartel na fonte advertindo que neste momento a súa auga non é potable”.

O rexedor indicou que “dentro duns días farase unha contra análise para saber si a situación se normalizou” e engadiu que “se trata dunha situación puntual, que se pode producir en épocas de intensas chuvias. De aí que lle pidamos á poboación que faga caso das indicacións realizadas desde o Concello. Cando a auga de Santoalla volva ser apta para o consumo avisarémolos tanto con información ao pé da fonte como a través dos medios de comunicación”.

Exit mobile version