Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CeMIT de Burela impartirá 3 novos cursos de informática básica en novembro

Burela, 26 de outubro de 2015. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Burela iniciará 3 novos cursos de formación básica dixital o vindeiro mes de novembro

O primeiro dos cursos comeza o día 5, versará sobre O correo electrónico e vai dirixido a persoas con coñecementos básicos de Internet. Con esta actividade amosarase a crear unha conta de correo electrónico coa que poder enviar e recibir mensaxes doutras persoas. Dito curso terá unha duración de 12 horas e impartirase de luns a venres de 10.00 a 12.00 horas. Finalizará o día 12 do mesmo mes.

O curso Iniciación á informática iniciarase o día 9 e rematará o 19 de novembro. Con esta actividade, dirixida a persoas sen coñecementos de informática, preténdese dotar aos participantes das destrezas e coñecementos necesarios para manexar un computador dun xeito básico. Este curso impartirase de luns a xoves en horario de 16:00 a 17:30 horas e contará cunha duración de 12 horas.

Por último, o día 13 comezará o curso Iniciación a internet. Os asistentes a este curso aprenderán a dar os seus primeiros pasos na internet a través do navegador Google Chrome. A actividade contará cunha duración de 10 horas e impartirase de luns a venres en horario de 10:00 a 12:00 horas e rematará o 19 de novembro.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades as persoas interesadas poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sito Casa da Xuventude, na Rúa do Cancelo S/N, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/ ou enviando un correo á dirección: cemit.burela@xunta.es.

Exit mobile version