Site icon Crónica3.com A Mariña

A Avenida de Galicia de Ribadeo celebra este sábado 31 de outubro un magosto organizado por Bis a Bis e Terra Branca

Ribadeo, 30 de outubro de 2015. Este sábado 31 de outubro celebrarase na avenida de Galicia o magosto que organizaron Terra Branca e Bis a Bis co obxectivo de humanizar e dinamizar unha das principais arterias de tráfico e comerciais de Ribadeo. Os dous establecementos decoraron os seus escaparates para a ocasión e repartirán castañas asadas a partir das cinco da tarde. Nesta acción colabora a panadería La Plaza, que é a encargada de asar as castañas.

Os propietarios de Terra Branca e Bis a Bis, José Ramón Leal, Nacho Oñate e Mini López-Santos animan aos ribadenses a acudir a esta cita o 31 de outubro e a que os nenos se disfracen. Para crear ambiente decoraron os seus escaparates: “enchémolo todo de teas de arañas, de bruxas e dun castelo do terror para que quede todo moi bonito e para que dea moito medo. Gustaríanos que os nenos viñesen disfrazados coas súas cabazas para meternos medo e para facer un magosto inesquecible”, relata Mini López-Santos. José Ramón Leal sinala que “o magosto é unha escusa para estar entre amigos, que é o que queremos”.

Bis a Bis e Terra Branca estudan a posibilidade de realizar novas accións para dinamizar a avenida de Galicia.

Exit mobile version