Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa da Cultura de San Cibrao acolle este luns actos para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

CARTEL CERVO ACTOS DÍA CONTRA O CANCRO DE MAMA 2015Cervo, 18 de outubro de 2015.- A Casa da Cultura de San Cibrao acollerá este luns a partir das seis da tarde actos organizados polo Concello de Cervo para conmemorar o Día internacional contra o cancro de mama.

Entre as actividades, programadas baixo o lema Todas somos unha, haberá unha charla e mesa redonda na que participarán veciñas do municipio cervense que padeceron esta enfermidade. Ademais farase un reparto de material alusivo á conmemoración desta data, segundo anunciou a concelleira de Sanidade, Manuela Méndez Álvarez.

Exit mobile version