Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comunidade de Montes de San Román de Vilaestrofe, preocupada pola situación de Área Minera del Atlántico

A Comunidade de Montes de San Román de Vilaestrofe, do Concello de Cervo, quere dar a coñecer a súa preocupación polos acontecementos que se están a dar na situación da empresa “Area Minera del Atlánticos S.L.” coa que ten firmado un contrato de arrendamento nos montes comunais desta parroquia para a extracción de caolín.

Dende a Comunidade vemos con moita inquedanza a situación de parálise na que se atopa a empresa, inmersa nun proceso concursal, con parada de producción e conseguinte perda de postos de traballo, incrementada no caso da parroquia de San Román de Vilaestrofe con graves consecuencias.

A empresa adebédalle a Comunidade a anualidade de 2013, xaneiro e febreiro de 2014; anterior todo isto ó proceso concursal. Asimesmo, tamén se nos debe o último trimestre de 2014 e todo o que vai de 2015; é decir unha débeda de 140.000 euros; poñendo en serio risco a viabilidade da Comunidade.

A pesar disto, vemos con maior preocupación a situación de perigosidade en canto a seguridade da mina, en estado de abandono dende a paralización da actividade no pasado mes de decembro de 2014. Creemos que non se están a facer as labores de mantemento en canto a limpeza de balsas, deficiencias no vallado da zona perimetral, podendo acceder calquer persoa ou animal a mesma, e o que é máis grave, dudamos da estabilidade do terreo, no que se atopou unha falla de considerables dimensións. A empresa ocupou este terreo, e a Xunta de Galicia requeríaa a que lle dera estabilidade.

A día de hoxe, non temos prácticamente con que comunicarnos por parte da empresa para que resolva as nosas dúbidas, xa que o administrador concursal nos di que o desbloqueo da situación está pendente da resolución xudicial, pero a parroquia de San Román non pode permitir que se poña en situación de risco a veciños, dada a proximidade de vivendas e non nos vale con esta resposta.

A Comunidade aposta porque a mina continúe, e está disposta a dialogar para atopar unha solución, para o cal demandamos que a Xunta de Galicia interceda, donde tén as competencias a Delegación de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, e inste a empresa a que efectue as medidas correctoras oportunas, coa cal temos xa solicitada unha xuntanza por escrito.

Queremos tamén, darlle traslado nesta xuntanza, da nosa preocupación no caso de que a empresa se disolva, que medidas tén pensado acometer a Xunta de Galicia.

Agradecemos asimesmo, a colaboración que nos está aportando o Concello de Cervo, e en particular o noso Alcalde, don Alfonso Villares Bermúdez, moi sensible con esta situación, e na que está a traballar para atopar unha solución satisfactoria. Asimesmo, se ofreceu a mediar coa Xunta de Galicia para que a Comunidade de Montes, Delegación de Minas, Concello de Cervo e empresa teñamos unha xuntanza.

Estos días, coas inclemencias meteorolóxicas producíronse arrastres de terreo e fortes riadas na zona, e vemos con moita inquedanza a situación no futuro, cando o inverno avance e se produzan máis choivas.

Próximamente a Comunidade celebrará unha Asemblea, na que se valorarán as medidas a tomar, entre as que barallamos celebrar unha concentración.

Exit mobile version