Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellaría de Servizos Sociais de Burela convoca o V Concurso de Lemas “25 de novembro: día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”

Burela, 7 de outubro de 2015.- A Concellaría de Servizos Sociais convoca o V Concurso de Lemas 25 de novembro: día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. O obxectivo do concurso, segundo explica Patricia Otero, “é transmitir a través de mensaxes curtas a importancia da educación en igualdade e da necesidade da eliminación da violencia contra as mulleres”.

As bases para poder participar son as seguintes:

1) Cada participante pode enviar ata un máximo de 5 lemas.

2) Cada participante propoñeralle á organización os lemas que elixiu enviando unha mensaxe de correo electrónico a cim@burela.org co asunto V Concurso de lemas 25 de novembro: Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, no que incluirá o seu nome completo, o seu número de teléfono e unha dirección de correo electrónico á que se poida responder.

3) O lema debe constar de sete palabras como máximo.

4) O lema debe ser o suficientemente significativo e estar relacionado co tema proposto.

5) Entre todos os lemas enviados escollerase un, que será o que distinga a celebración do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres do ano 2016.

6) O xurado do concurso pode declarar deserto o mesmo.

7) O prazo de entrega dos lemas rematará o 20 de novembro de 2015. O lema gañador darase a coñecer no acto público que terá lugar o 25 de novembro no Auditorio da Casa da Cultura.

8) A persoa gañadora accederá a que a organización recoñeza publicamente a autoría do lema e divulgue o seu nome. Conservará os dereitos intelectuais sobre o lema, pero renunciará a reclamar calquera tipo de compensación pola utilización do lema e por tempo indefinido en calquera mención presente ou futura por parte do Concello de Burela.

9) A participación neste concurso implica a aceptación de todas as bases.

Exit mobile version