23 de outubro de 2015.- As familias de A Mariña que participan no programa “Vacacións en Paz” acollendo nenos e nenas saharauis procedentes dos campamentos de refuxiados, queren mostrar a sua preocupación e facer un chamamento solidario a toda a comarca.
Como xa saberán, dende o pasado fin de semana os campamentos de refuxiados saharauis están sendo afectados por chuvias torrenciais e intensos ventos, que según as previsión non remitirán ata o martes 27. Aínda que non temos coñecemento de perdas humanas, sabemos que esta catástrofe causou e continua a causar inmensos danos materiais.
Despois de lograr contactar cos nenos e nenas, informaron que de momento todos se atopan ben. aínda que moitos tiveron que ser evacuados dos seus campamentos e trasladados a zonas altas para protexerse das inundacións. Contan os pequenos que as suas casas, construidas con adobe feito dunha mestura de area e auga que secan ó sol, foron derrubadas e arrasadas polo temporal; as jaimas parece que resistiron algo máis pero quedaron moi dañadas. Perderon tamén os escasos animais domésticos que posuen os máis afortunados, os poucos enseres cos que contaban tamén os levou a auga, as suas roupas , e mesmo as pequenas reservas de alimentos das que dispoñían, que lles foran entregadas procedentes da axuda humanitaria ou que os mesmos pequenos levaron nas suas maletas cando marcharon fai pouco máis dun mes. Tamén resultaron dañadas istalacións públicas e infraestructuras básicas dos asentamentos nos que os refuxiados saharauis viven dende fai preto de cuarenta anos.
Aínda que será moito o que precise a poboación saharaui, a Media Luna Roja, organización equivalente á Cruz Vermella, fixo un chamanento de emerxencia para recoller donacións para prestar axuda inminente ós centos de damnificados por este desastre natural o antes posible coa compra de tendas, mantas, medicamentos e alimentos no mercado arxelino.
A delegación da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) en A Mariña quere contribuir, na medida das suas posibilidades. Para esto intentará realizar una serie de actividades e está aberta a propostas e iniciativas procedentes de outros grupos ou asociacións.
Para comenzar, a partir do vindeiro luns, colocaránse HUCHAS SOLIDARIAS nos centros de ensino, organismos e en todos os lugares onde nos sexa posible para que a comunidade escolar e toda a poboación que o desexe poida depositar o seu donativo ( 1 euro, 2 euros…) e contribuir a paliar un pouco o sufremento dos nenos e nenas e das suas familias que se atopan nunha situación crítica de emerxencia total.