Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación destina máis de 147.500 euros a axudas para o deporte lucense

firma convenio deportesLugo, 2 de outubro de 2015.- A titular da Deputación de Lugo, Elena Candia, xunto co deputado de Deportes, José Manuel Yanes, asinaron este venres un total de 13 convenios grazas aos que a institución provincial colabora co deporte da provincia con 147.500 euros mediante subvencións tanto nominativas coma excepcionais.

Os clubes e asociacións deportivas, así como deportistas individuais cos que hoxe se asinaron os convenios foron o Club Natación Portamiñá; o Club Atletismo Lucus; Club Deportivo Calasancio; a Escudería Comarca da Ulloa; o Club Muralla Rugby; o CD O Corgo; a Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa; a Asociación Deportiva Tripenta Terras de Lugo; a Federación Galega de Pentatlón moderno y Triatlón; e Club Fluvial de Lugo.

A colaboración da Deputación está destinada tanto a facer fronte aos gastos da tempada coma a financiar actuacións determinadas, coma no caso da axuda á Liga Santaballesa para o acondicionamento do acceso á grada e a drenaxe do seu campo de fútbol ou as do CD Corgo ou a Federación de Pentatlon e Triatlon, para o fomento destes deportes entre os máis novos.

Por outra banda, os deportistas cos que a Deputación colaborará economicamente son os pilotos Pedro Burgo Vilanova, Adrián Díaz Pérez e José Antonio Alonso Liste en cuxo caso as axudas que estes recibiron están destinadas a facer fronte aos gastos da tempada.

Exit mobile version