Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación insta á Xunta a facer un novo reparto do Orzamento para non discriminar á provincia

DSC_0125 (2)Lugo, 27 de outubro de 2015.- O Pleno Provincial da Deputación de Lugo aprobou instar á Xunta de Galicia a facer un novo reparto do seu Orzamento para 2016. A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Pilar García Porto, subliñou que “coas achegas que o Goberno galego prevé facer á provincia lucense o vindeiro ano, o investimento por habitante nin tan sequera chega aos 95 euros”.

García Porto explicou que, tal e como figura nas contas autonómicas feitas públicas, o investimento real para e Lugo suma uns 33 millóns de euros, que dividido por 350.000 habitantes da provincia, supón que cada lucenses reciba pouco máis de 90 euros.

Os 33 millóns de euros proveñen das seguintes actuacións: obras do auditorio municipal de Lugo de 5,6 millóns de euros; traballos no CEIP Sagrado Corazón de 524.000; actuacións nas Mercedes de 2 millóns; ampliación do IES María Sarmiento de Viveiro de 400.000 euros; investimentos para o patrimonio cultural de 1 millón de euros; obras do Porto de Burela de 2,9 millóns; traballos de mellora da seguridade vial de 1 millón; actuación no Corredor da Costa de 16 millóns; arranxo da estrada de Begonte-Friol-Palas de Rei de 120.000 euros; mellora da vía de Folgoso a Seoane con 250.000 euros, e plan director do Hospital da Costa con 1,8 millóns de euros.

A Deputada destacou que “Feijóo goberna dando ás costas ós cidadáns. So así se entende que abandone definitivamente as políticas activas de emprego. Feijóo renuncia á loita contra o paro e á prestación de servizos sociais. Feijóo volta a deixar ós lucenses sen os servizos de Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear. Todo isto, malia as reiteradas reclamacións veciñais”.

Violencia machista
O Pleno da Deputación aprobou instar ao Goberno de España a elaborar medidas de protección ás mulleres vítimas da violencia machista, así como aos seus fillos e fillas. A vicevoceira socialista, Sonsoles López Izquierdo, destacou que “o goberno do PP cos seus recortes e retrocesos ten malogrado catro anos da vida das mulleres vítimas, así como a dos seus fillos”.

López Izquierdo valorou ademáis “as modificacións legais contrarias á igualdade feitas polo PP ao longo desta lexislatura, evidencian a escasa atención prestada polo goberno popular á violencia de xénero, cuestión que debería estar permanentemente na axenda política e sinalada como unha das cuestións de Estado prioritarias”. Deste xeito, chegouse a un acordo para instar ao Goberno de Rajoy repoña e dote suficientemente as partidas orzamentarias, especialmente os recursos destinados á prevención e á asistencia social das vítimas de violencia de xénero; que ofreza medidas de apoio aos Concello impulsando o papel que desempeñan e deben seguir desempeñando os servizos sociais municipais e centros de la Muller; pór en marcha o Acompañamento Xudicial Personalizado para facer accesible a información ás mulleres vítimas de violencia de xénero; ou que estableza protocolos de intervención específicos para a atención integral ás mulleres que retiran la denuncia por violencia de xénero, entre outros.

Exit mobile version