Site icon Crónica3.com A Mariña

A Peña Deportivista de Burela renova a directiva

directiva-peñadeportivista-burelaA Peña Deportivista de Burela estrea nova directiva elixida por unanimidade entre os presentes na asemblea de soci@s celebrada este venres 23 de outubro.

A nova xunta directiva queda conformada do seguinte xeito:

Presidente: Francisco Fraga Paleo “Patxe”
Vicepresidente: Javi Mogo Torrado
Tesoureiro: Mario Pillado Mon
Secretario: Senim Gonçalvez Banho (nova incorporación)
Vocais: Claudia de Bartolomé (nova incorporación)
Iván Domínguez Sánchez
Paulo Jorge dos Santos Izeda (nova incorporación)

Durante a xuntanza tamén abordaron a posibilidade de realizar algunha viaxe esta tempada para animar “ó noso Depor”. Por exemplo, saía á palestra Anoeta, Molinón ou Ipurúa. Asemade, o día do NOSO DERBI teñen previsto repetir a quedada pre-partido c@s soci@s e simpatizantes nun local hostaleiro da Coruña.

Exit mobile version