Site icon Crónica3.com A Mariña

A xuventude da provincia representada nas listas do Congreso e Senado do PSdeG

Lugo, 17 de outubro de 2015.- Os mozos socialistas da provincia de Lugo terán unha importante representación nas listas aprobadas este sábado no Comité Federal do PSOE, tanto para o Congreso dos Deputados coma para o Senado.

No referente o Congreso, o mozo de O Valadouro Iago Fernández (25 anos) ocupará o número dous na candidatura mentres que o mozo e concelleiro de Vilalba Rodrigo Pavón (29 anos) o cuarto posto. Adicionalmente o coordinador provincial das XSG, Jesús Vázquez (27 anos) será o segundo suplente da candidatura.

No Senado, Darya Fernández de Becerreá (25 anos) repetirá, o igual que en 2011, como número 2 na candidatura o Senado tralo actual senador Ricardo Varela.

O coordinador provincial Jesús Vázquez, sinalou que “é importante que os mozos se vaian incorporando a vida política, para transmitir desta maneira as inquedanzas dunha parte importante da poboación, que debe ser o presente e o futuro da nosa sociedade”.

Asimesmo destacou que “a provincia de Lugo ten unha gran diversidade e como consecuencia dilo, dáse unha ampla representación territorial de mozos nestas candidaturas, incorporando mozos de boa parte das comarcas da provincia”.

Destacou que “a candidatura socialista de Lugo é das que máis xente moza incorpora en postos titulares, o que demostra que nesta provincia hai canteira para o futuro”.
Rematou agradecendo a confianza depositada na xente moza por tódolos órganos implicados na elaboración e final aprobación desta candidatura socialista, dende as diferentes executivas ata os membros dos Comités Provinciais e Federal.

Exit mobile version