Site icon Crónica3.com A Mariña

Abel Riveira, novo director da Banda de Música de Foz

abelriveira-bandafozA Banda de Música de Foz estreaba director no concerto ofrecido este sábado 3 de outubro na Festa da Faba de Lourenzá. Trátase do vilalbés Abel Riveira formado no Conservatorio de Música de Vilalba, no Conservatorio Profesional de Música de A Coruña e no Conservatorio Superior de A Coruña no que obtén o título de profesor de artes escénicas na especialidade de Trompeta.

Tras cursos de perfeccionamento, actuacións como solista con diversos grupos de cámara e incorporarse como membro fundador da Banda Sinfónica Rías Altas e da Banda de Música FGBMP, entre outras actividades de interese; en 1998 comeza como docente da Escola Municipal de Música de Guitiriz onde funda a Banda Municipal de Música de Guitiriz.

Actualmente continúa á súa fronte tras máis de 300 actuacións públicas e ter recibido o premio á “mellor interpretación de música galega” no III Certamen Galego de Bandas.

Igualmente, na actualidade, é profesor de vento-metal do Conservatorio Profesional de Música de As Pontes de García Rodríguez onde tamén exerce como Xefe de Estudos. Tamén é membro da Asociación Nacional de directores de España, así como forma parte da directiva do colexio de directores de bandas de música civís españolas.

Tamén ten dirixido como convidado as bandas de música de Boiro, Banda Sinfónica da Terra Chá, Orquesta de Vento do Conservatorio de música de Vilalba, Banda de Música de Antas, Orquesta de fíati de Bergamo. E ten sido convidado como encomendador para o Festival de Bandas Filarmonía ao máis alto nivel 2013 e 2014 en Portugal, así como profesor de trompeta e director de banda para o intercampus internacional 2013.

Tendo ampliado os seus coñecementos de dirección no ISEB (Instituto superior europeo Bandístico en Italia) con profesores como Jan Cover, Pirola, Haswirth e Bazzola; Abel Riveira funda e crea unha metodoloxía pioneira para bandas de Música en España chamada ClassBand®.

Concerto na Festa da Faba
Durante o concerto ofrecido en Lourenzá, a Banda de Música de Foz ofrecía o seguinte repertorio:
“O chopo”
“Music is Fun”
“Concerto d´amore”
“Ammerland”
“The Milleniung Song”
“Lugo-Ferrol”
“Medley boleros”
“A Freixa”.

Exit mobile version