Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto en Xove o prazo para solicitar árbores froiteiras e prantas

Xove, 27 de outubro de 2015.- O Concello de Xove, a través da Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes, acaba de abrir o prazo para solicitar árbores froiteiras, forestais e prantas de xardín. Este prazo abreuse este luns 26 de outubro e rematará o vindeiro 28 de decembro do presente ano.

Tódalas persoas do Concello que queiran solicitar árbores ou prantas, poden facelo no Departamento de Agricultura en horario normal de oficina.

Exit mobile version