Site icon Crónica3.com A Mariña

Ainara, Iria e Hiba vencen no Corgo e Xove

Omnipresentes estiveron os atletas do Maderas Barcia Lourenzá durante a fin de semana, a pesar de aprazarse a proba dos “12 puentes de Vegadeo”.

Ainara Rodríguez sumaba unha vitoria máis na temporada na categoría infantil feminino da Carreira Popular Arumes do Corgo cun tempo de 6,38. Pola súa banda, Claudia Graña alcanzaba o noveno posto da categoría.

E a pequena dos Rodríguez Ares, Iria, impoñía a súa lei na categoría benxamín feminino gañando a proba cun tempo de 1,07; mentres o seu compañeiro na categoría masculina, Ian Méndez, subía ó podio como 3º clasificado.

Por último, Henar Méndez lograba a prata en prebenxamín feminino.

Tamén en Xove e Santiago
Na Solidaria de Xove, Hiba Bouyzar vencía na categoría alevín feminino, mentres Amina era bronce en prebenxamín feminino.

E xa na prestixiosa Pedestre de Santiago, Rosalía Rodríguez entraba entre as 10 primeiras da categoría xuvenil feminino (no 9º posto cun tempo de 34,01 en 7 kms); mentres que a infantil Ana Vallines era 11ª nos 7 kms cun tempo de 35,32.

Exit mobile version