Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfredo Llano asegura que o seu equipo de goberno fixo máis pola cultura en Burela en tres meses que o PP en todos os mandatos á fronte do Concello

Burela, 22 de outubro de 2015.- O alcalde, Alfredo Llano, pídelle ao portavoz do PP no Concello que sexa respectuoso e coherente nas súas declaracións e no seu proceder. Llano considera que foron os populares os que fixeron moitas cousas mal e pídelles explicacións sobre o contrato para a xestión do barco museo e sobre a actuación do violinista Ara Malikian na Casa da Cultura.

O rexedor dixo que “é moi fácil supurar opinións por ter algo que dicir, cando hai persoas que non teñen nada que dicir nese aspecto, como é o señor Barcia con respecto a se hai ou non hai algún tipo de contrato das empresas que veñen representar aquí os seus espectáculos, cando existe unha cuestión verbal, que é máis que suficiente para poder realizar un espectáculo. O señor Barcia foi un exemplo claro de como non se deben facer as cousas nun Concello, porque realmente está falando agora de formalizar contratos cando el fixo cousas que non rozan, senón que son exactamente ilegais de por si”.

Llano pídede a González Barcia que “explique tamén onde está o contrato do violinista libanés que veu tocar aquí a Burela e polo que cobraron a 10 euros a entrada. Que nos veñan ensinar ese contrato, ese contrato que tanto el busca e tanto pretende, que nos veña ensinar o do violinista tamén, porque evidentemente se está tan seguro de que se están incumprindo as contratacións que mire o seu propio exemplo e nolo veña ensinar, ese e outros que se fixeron con outras empresas de servizos que se están facendo aquí e que non existen tales contratos”.

Alfredo Llano seguiu a manifestar: “que nos explique, tal e como o levou adiante, que é moi serio, o contrato da empresa para xestionar o barco museo, que veña e que nos explique a que acordos chegou coa empresa e onde está iso marcado nalgún lado. O que non podemos é ser pouco serios, pretender a través de vociferar, de largar supurando palabras que non corresponden a unha persoa que sabe ou debera saber como se xestiona un Concello. Non se pode aturar unha cousa así cando se ve claramente que el fixo cousas moito peores. Aquí do que se trata é de facer as cousas ben, de facelas legais, iso é o que pretendemos dende o concello de Burela este novo equipo de goberno, colaborando sempre coa lei, cos técnicos que nos din máis ou menos por onde teñen que establecerse as cousas e realizalas ben para dar un exemplo claro do que debe ser a transparencia, a legalidade e unha boa labor”.

O alcalde burelés supón que “estarán moi cabreados porque en tres meses de goberno fíxose máis pola cultura neste pobo, e por outras cousas, pero xa meténdonos só coa cultura, xa se fixo máis pola cultura en tres meses que fixeron eles en todos os mandatos nos que tiveron responsabilidade, neste anterior máis nos outros anteriores antes de chegar nós. Así que que non veñan dicindo cousas que poden preocupar ao pobo porque o pobo está máis preocupado por outras cousas e aí é onde nós estamos traballando ben. Que se dedique a traballar e facer as cousas ben, que sexa respectuoso e que sobre todo sexa coherente. Se el fai as cousas mal que non veña dicindo que os outros tamén as facemos. Non é verdade, quen as fixo mal e está contrastado e son demostrables son as que fixo o señor Barcia”.

Exit mobile version