Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprazado ata o 13 de novembro o primeiro acto do ciclo ‘Contos de Outono’ da Biblioteca Municipal de Foz

Foz, 16 de outubro de 2015. O primeiro acto do ciclo Contos de Outono, que organiza a biblioteca pública municipal de Foz e que estaba previsto para este venres, ás 18.00 horas, tivo que ser aprazado para o día 13 de novembro, tamén venres, á mesma hora.

Dende a biblioteca municipal focense explicaron que a actuación de Pablísimo programada tivo que suspenderse “por problemas alleos á organización” e piden desculpas polas molestias ocasionadas.

Exit mobile version