Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprazado o pleno ordinario en Foz

O pleno ordinario previsto para este xoves 29 de outubro no Concello de Foz aprázase para o martes 3 de novembro, á mesma hora (20.30 horas), debido ao falecemento da nai dun membro da Corporación Municipal. A decisión adoptouse co acordo dos portavoces de todos os grupos políticos, segundo ven de anunciar o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.

Exit mobile version