Site icon Crónica3.com A Mariña

As Escolas De portivas de Mondoñedo presentan a Asociación Deportiva Salto do Coro

12088565_10206199059232886_344636926638658876_nMondoñedo, 4 de outubro de 2015.- Este sábado, as Escolas Deportivas de Mondoñedo fixeron a presentación dun novo proxecto na cidade, que é o nacemento dunha nova asociación e a presentación das tarefas que van a desempeñar desde a mesma: levar o deporte na localidade.

Sumouse a este proxecto tanto para a directiva como para o monitorado xente do mundo do deporte mindoniense e pais de alumnos das Escolas Deportivas.

A xunta directiva ten como obxectivos crear unha estrutura organizativa para asegurar un bo funcionamento do proxecto, acompañar e arroupar aos deportistas en cada competición (no antes e no despois), e facer que os monitores non estean sós á hora de realizar o seu traballo.

Os voluntarios súmanse para que os rapaces e rapazas teñan a mellor preparación. Así, cóntase con:

Hermelino (fútbol-sala)
Pepe (fútbol-sala)
Valentín (tenis de mesa)
Salaverri (ciclismo)
Toni Salaverri (atletismo)
Moncho (ciclismo)
Jorge (ciclismo)
Montero (atletismo)
Rispa (fútbol-sala)
Suso (ciclismo)
Raúl (fútbol-sala, bádminton, atletismo e baloncesto)
Juan (bádminton e fútbol-sala)
Luís (baloncesto)
Charly (baloncesto)
Susana

Coordina este traballo Hermelino García Leiras, ex-adestrador do Mondoñedo FC e do Abadín

Forman parte da xunta directiva Pepe, Raúl, Mabel, María Sol, Jose Luís, Moisés, Susana, Rispa e, como presidente, Ramiro Chao Rego.

Contan con equipos de fútbol-sala pre-benxamín, benxamín, alevín, cadete e xuvenil; con equipos de baloncesto, en colaboración con Lourenzá, cadete e júnior; con sección de duatlón, bádminton e tenis de mesa.

A asociación leva tamén os grupos de ximnasia de mantemento e as rutas de sendeirismo.

Contan cun proxecto importante de recuperación da base do baloncesto na localidade, co proxecto “baloncesto, un xogo”, no que se organizarán 3×3 de baloncesto, concentracións con alumnos doutras escolas, partidos especiais contra equipos da provincia, seleccións de xogadores, e se impartirá baloncesto no CEIP Álvaro Cunqueiro Mora.

Destacar tamén que en tenis de mesa contan coa colaboración do Casino de Mondoñedo, que lles cede as súas instalacións.

Exit mobile version