Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata o 15 de outubro poderase ver no centro de saúde de Burela a exposición “Os dereitos de nenas e nenos”

la foto 1Burela, 9 de outubro de 2015. Ata o 15 de outubro poderase ver no hall de entrada do centro de saúde de Burela a exposición Os dereitos de nenas e nenos, que organiza a Concellaría de Inmigración e Cooperación coa colaboración da ONG Educo, Cooperación e Educación para a infancia.

O principal obxectivo da exposición é achegar a temática dos Dereitos da Infancia ao público en xeral, especialmente ao máis novo de xeito sinxelo. A Mostra fai un percorrido polos 54 artigos da Convención sobre os Dereitos do Neno e da nana das Nacións Unidas ratificada en 1989.

As imaxes explican cada un dos oito dereitos Básicos que teñen todolos nenos e nenas: dereito á igualdade, dereito a ter un nome e unha nacionalidade, a medrar en familia, dereito a recibir atención médica, á educación, ao ocio e a cultura, a expresar a súa opinión e a que sexa escoitada e a participar nas decisións que lle afectan.

Trátase de 9 paneis de 150 x 90cm de material lixeiro e autosustentable onde se poden ver representados estes dereitos. O panel nº 1 é explicativo da exposición. A exposición vai estar situada no hall de entrada do Centro de Saúde de Burela ata 15 de outubro e do 16 ao 31 de outubro no CEIP Virxe do Carme.

A mostra foi presentada esta tarde pola xefa de servizo do centro de saúde de Burela, Victoria Rodríguez González, e pola concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez Sánchez.

Victoria Rodríguez manifestou que “a parte de realizar la actividade asistencial en el centro, tenemos interés en llevar a cabo y así lo hacemos, actividades de tipo sociosanitario divulgando hacia la comunidad temas de interés general que influyen en la salud como es este el caso, o también otros como la violencia de género, el alzheimer…”

Angélica Gómez Sánchez sinalou “a dificultade que aínda hoxe en día teñen determinados colectivos para que os dereitos dos seus fillos e fillas teñan lugar, como poden ser persoas con carencias económicas ou os colectivos de inmigrantes tanto por trabas puramente burocrático-administrativas ou a discriminación de tipo social. Pretenderíase facer visible que realmente estes dereitos non se cumpren para todos e todas por igual”.

Exit mobile version