Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela FS B 1-1 Santiago Futsal

Burela, 7 de outubro de 2015.- O Burela FS Pescados Rubén B estreou a tempada con táboas no duelo de filiais en Vista Alegre, un marcador axustado, 1-1, que non se moveu ata a recta final do encontro.

As instalacións mariñás foron testemuñas dunha cita moi igualada. O cadro laranxa soubo reaccionar ao tanto dos composteláns no minuto 38, tan só uns segundos despois, cun lanzamento de Aitor e apostando por xogo de cinco.

Próximo rival. O cadro de Juanma Marrube desprazarase á pista do Talleres ABC Vigo Olivo FS, rival que se estreou na categoría con empate ante o Peugeot Vilalba FS (2-2). A segunda xornada disputarase este sábado, ás 17.00 horas (As Travesas).

Exit mobile version