A concelleira de Sanidade, Manuela Méndez Álvarez, destacou que “os asistentes saíron contentos do acto polas vivencias que contaron as mulleres que padeceron esta enfermidade. Foi unha forma diferente de conmemorar este día, escoitando esas experiencias de persoas afectadas polo cancro de mama”.
Ademais houbo un reparto de material alusivo á conmemoración do Día Internacional Contra o Cancro de Mama, que no Concello de Cervo levouse a cabo co lema Todas somos unha.
Ademais da edil de Sanidade nos actos estiveron os concelleiros Dolores García Caramés e José Ramón Soto Martínez.