Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza a Liga Nacional de Billarda da Conferencia Norleste

O vindeiro sábado 3 de outubro dará comezo no campo da festa de Ponte de Outeiro (Castro de Rei), a primeira xornada da Liga Nacional de Billarda da Conferencia Norleste. Será a partir das 15.00 horas cando as billardas comecen a cortar o ar fungando cara ao varal.

Como novidade, subliñar o cambio de sistema de xogo para esta tempada que comeza. No troco de xogar por parellas, farémolo en grupos de 8, 9 ou 10 palanadores. Cinco carreiras por grupo e con puntuación de 5-4-3-2-1-0.

Pensamos que este sistema engadirá un plus de dinamismo ao xogo, para que as xornadas non se prolonguen en exceso e nos colla a noite sin rematar as carreiras, sobretodo nas curtas tardes do inverno. O tempo dirá si estamos atinados ou non.

Agardamos que a asistencia de palanadores sea masiva por as gañas que temos todos de comenzar e porque en Ponte de Outeiro logo do o xogo seguirá unha festa rachada con gaitas, pandeiretas, petiscos e sorpresas. Que todo o que o desexe se acerque a xogar. Sen límite de idade, se podes soster un palán podes xogar á billarda. O que proba unha volta engánchase e repite, garantido e máis que comprobado.

Exit mobile version