Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza a XXVII Tirada de Bolos Concello de Xove

As Xornadas de Promoción dos Bolos, como preludio ao campionato anual que tódolos anos organiza o Concello de Xove a través da Concellería de Deportes, remataron este xoves no IES Illa de Sarón.

E o vindeiro sábado 3 de outubro, no Centro Social de Lago, comezará unha nova edición, a XXVII, da Tirada de Bolos Concello de Xove, que no caso da Liga Sub 16 será a XVI e a VII da Liga Feminina. O Campionato vaise desenvolver ao longo de 18 tiradas, rematando o 5 de marzo do vindeiro ano no Centro Social de Sumoas.

A competición prevista para este ano vai ser moi similar á da pasada tempada. O sistema de puntuación, clasificación,… será o mesmo da pasada edición. Nesta tempada, para evitar algunhas disfuncións na última tirada do campionato, onde en numerosas ocasións se deciden os vencedores finais, a organización incluíu o punto seguinte:

TIRADA FINAL.- Na última tirada do campionato a hora límite para inscribirse serán as 15.30 horas. A partir desa hora comezará a tirada final comezando pola categoría Sub 16, seguindo pola Liga S. Feminina e a Liga S. Masculina; as tiradas realizaranse en cada liga seguindo a orde de clasificación, comezando polo 1º clasificado/a. As tiradas celebraranse ininterrumpidamente, tendo obligación de estar tódolos xogadores presentes para poder realizar a súa tirada na orde correspondente; aquel xogador/a que sexa chamado/a e non esté presente (por estar no bar ou en calquer outro sitio) perderá esas 2 tiradas e non terá dereito a recuperalas.

O calendario para esta XXVII edición é o seguinte:

2015
3 de outubro: CENTRO SOCIAL DE LAGO.
10 de outubro: CLUB DE PALMEIRO EN A RIGUEIRA.
17 de outubro: CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS EN MONTE.
24 de outubro: CAMPO MUNICIPAL DE FUTBOL DE XOVE.
31 de outubro: CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.
7 de novembro: CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.
14 de novembro: CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ EN PORTOCELO.
21 de novembro: CENTRO SOCIAL DE MORÁS.
28 de novembro: CENTRO SOCIAL DE SUMOAS.
5 de decembro: CENTRO SOCIAL DE LAGO

2016
9 de xaneiro: CLUB DE PALMEIRO EN A RIGUEIRA.
16 de xaneiro: CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS-MONTE
23 de xaneiro: CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE.
30 de xaneiro: CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.
6 de febreiro: Sábado de Antroido
13 de febreiro: CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.
20 de febreiro: CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ.
27 de febreiro: CENTRO SOCIAL DE MORÁS.
5 de marzo: CENTRO SOCIAL DE SUMOAS. REMATE DA XXVIIª TIRADA DE BOLOS (XVIª TIRADA SUB 16 E VIIª TIRADA SENIOR FEMININA) COA ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS.

Exit mobile version