Os enfrontamentos do campionato de tute que organiza a Asociación de veciños do burgo de Trasbar no marco das actividades anuais comezarán este sábado 31 de novembro. As partidas celebraranse durante as fins de semana en horario de tarde (sábado a partir das 18.00 horas e os domingos a partir das 17.00 horas) no Local social de Trasbar.
Neste campionato están inscritas 11 parellas que terán que enfrontarse entre si, a unha soa volta, antes da data de finalización do torneo, prevista para o 13 de febreiro de 2016.
As tres primeiras parellas clasificadas recibirán os seus correspondentes trofeos durante unha cea que terá lugar no Local social ao remate do campionato.