Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan este venres os ‘Contos de Outono’ na biblioteca municipal de Foz

Foz, 14 de outubro de 2015. Este venres dan comezo na Biblioteca Pública Municipal de Foz os Contos de Outono, segundo ven de anunciar a concelleira de Cultura, Silvia Blach.

O 16 de outubro ás 18.00 horas os nenos e nenas a partir de catro anos poderán gozar de Os contos de Pablísimo, que presenta ¡Rás!, contos batracios: “Bico ou non bico a ra? Os sapos e as ras de hoxe en día xa non son coma antes. Unha divertida escolma de contos e cancións onde os batracios son os protagonistas”. ¡Rás! Contos Batracios é un espectáculo de narración oral, teatro de obxectos e bonecos baseado en contos, fábulas, retahilas, contos de nunca rematar e cantinelas.

Xa o 30 de outubro, tamén ás seis da tarde, e destinado a bebés de 0 a 3 anos Sherezade Bardají presentará Palabras confeitadas: “é un primeiro contacto coa palabra, coa oralidade, cos libros, a través dos sentidos, dos obxectos, das sombras. Pais, nais e bebés…. a viaxe é para todos. Poderemos atopar contos, sons, arrecendos, agarimos. Un espazo onde parar o tempo”.

Estas actividades están organizadas pola Biblioteca Municipal a través do Programa Ler conta Moito da Consellería de Cultura.

Xa nos vindeiros meses “continuaremos cos clásicos Concurso de Postais de Nadal, cuxa postal gañadora será a felicitación oficial do Concello de Foz e co Concurso de Poesía de Nadal en decembro coa participación dos colexios da vila”, explican desde a Biblioteca Publica Municipal.

Exit mobile version