Site icon Crónica3.com A Mariña

Concellos e Confrarías entre Ribadeo e Viveiro analizarán a calidade das augas en Burela

O vindeiro luns 5 de outubro o salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela acollerá a partir das 17.00 horas a reunión do GRUPO LOCAL DAS AUGAS que engloba ós Concellos e Confrarías entre Ribadeo e Viveiro, para analizar a calidade das augas. Ademais de Confrarías e Concellos, están convocados os técnicos de AUGAS de GALICIA e do INTECMAR, que presentarán os datos da situación actual en cada concello, facendo especial atención a aqueles vertidos no mar que non cumplan coa normativa vixente ou aqueles que
ainda están en periodo de estudio.

Esta reunión englóbase dentro do PLAN DE ACCIÓN DO MARISQUEO que está a desenvolver a Federación Galega de Confrarías para facer un estudio detallado da situación do marisqueo en Galicia, facendose diversas reunións desde o pasado mes de xuño nas 3 principais liñas de actuación:

-a situación do recurso nas rías (participaron confrarías, asistencias técnicas, Consellería Mar, Intecmar, Universidades, …). A reunión zonal do marisqueo celebrouse no mes de xuño xuntamente entre as rías de Norte A Coruña e Lugo.

-o impacto do furtivismo (participaron as Forzas de Seguridade do Estado, os Garda Costas da Xunta, Consellería Mar, Confrarías e Garda Pescas das confrarías). A reunión sobre o furtivismo tivo lugar na delegación da Consellería do Mar en Celeiro o pasado mes de setembro.

-a calidade das augas (participan técnicos de Augas, Intecmar, Concellos e Confrarías). Esta reunión é a última local na zona de A Mariña dentro do Plan.

A partir do remate das reunións locais, presentaranse as diversas conclusións nas 3 MESAS de ámbito autonómico, previos ó GRUPO CENTRAL DE COORDINACIÓN que analizará as propostas das 3 MESAS, e finalmente a Federación Galega elaborará un documento sobre a diagnose de situación e as propostas de actuación.

Exit mobile version