Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristóbal Rodríguez, ouro na Liga Nacional de Clubs con Abanca

rodriguez-esgrima-abancaO pentatleta internacional mariñán Cristóbal Rodríguez da o ouro ó seu novo equipo, Abanca, na Liga Nacional de Clubs celebrada en Medina del Campo.

O multideportista viveirense, nova fichaxe estrela para esta temporada do Club Esgrima “ABANCA” da Coruña, coa mediación de Deporte Galego, chega cedido ó club galego, despois das negociacións co “SAM” de Barcelona.

Rodríguez chegaba o venres pola tarde a Medina del Campo como novo capitaán de “ABANCA” para pasar o control de armas do club galego e enfrontarse co seu novo equipo durante a fin de semana na Liga Nacional de Clubs a 3 dos grandes: o Club de Esgrima Alcobendas, o Club Esgrima Barajas e o Club de Esgrima de los Ejércitos.

O conxunto galego Formado por Rodríguez, Xaquín, Yago, Manel e Mateo, remataba invicto tras vencer ós seus rivais por 44/42, 45/36 e 45/30 respectivamente, quedando os sempre complicados peches de combate a cargo do tirador viveirense.

Rodríguez, aínda que é pentatleta do equipo nacional, “ten un currículo envexable”, segundo manifesta o mestre de esgrima galego, Manuel Villadóniga; “xa que como esgrimista é ó único tirador galego da historia que ten no seu poder unha Copa do Rei de Esgrima e outros dous subcampionatos, ademais de dous Campionatos Universitarios e un bronce nacional”.

Exit mobile version