Site icon Crónica3.com A Mariña

Cumpreanos no Centro de Día para Maiores de Lourenzá

cumpreanos-louLourenzá, 26 de outubro de 2015. O centro de día para maiores de Lourenzá celebrou que a veciña da Cazolga Rosa Irimia Losada cumpriu 87 anos. No acto, que contou coa presenza da alcaldesa, Rocío López, e da concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, participaron familiares da homenaxeada e os demais maiores que asisten ao centro de día.

A rexedora municipal explicou que “foi unha experiencia moi gratificante ver no rostro de Rosa a mesma alegría e a mesma ilusión que un neno no día do seu cumpreanos. Foi moi especial para ela, que nos contou historias que lembra de antes e ata nos cantou cancións. Tanto eu como a concelleira de Servizos Sociais pasamos un momento agradable en compañía de todos os maiores. Sempre que teño un oco libre acudo a visitalos e a ledicia e a alegría coa que me reciben é o regalo máis bonito que se pode pedir”.

Rocío López e Mercedes Dengra entregaron un ramo de flores en nome do Concello a Rosa Irimia, agasallo que recolleu acompañada pola súa filla Pepita.

Exit mobile version