Site icon Crónica3.com A Mariña

Curso de iniciación para árbitros e oficiais de mesa de baloncesto en Viveiro

Viveiro acollerá entre este venres 9 e o domingo 11 de outubro unha acción formativa presencial en iniciación para árbitros e oficiais de mesa. O Comité Galego, en estreita colaboración co CB Viveiro, activa unha nova convocatoria didáctica destinada a todas aquelas persoas interesadas en dar os seus primeiros pasos no mundo da arbitraxe.

Coa localidade de Viveiro como sede física, no Instituto María Sarmiento e no Pavillón Municipal reuniranse os alumnos, cuxa cifra na actualidade se eleva a 16; para tomar clases da man do coordinador zonal do CGAB en Lugo, Juan Bosco Casal.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata este venres 9. Todos os interesados en participar poden solicitalo a través do envío dun email a arbitros@fegaba.com.

Exit mobile version