Dende CxG Burela vimos poñendo en coñecemento da opinión pública a falta de palabra do rexedor de Burela, coa complicidade necesaria do resto do grupo socialista. Os 100 días de rigor xa están finiquitados e podemos afirmar que son 100 días de incumprimentos manifestos das promesas e do programa electoral.
Todos os veciños recordan, na campaña, un buzoneo entre PP e PSOE sobre a recuperación de servizos públicos, o actual alcalde prometía que se recuperarían os servizos, MENTIRA. Asistimos ó anuncio da privatización dos servizos de limpeza de edificios públicos por 850.000 € para dous anos. Bonita forma de municipalizar, cal é o interese de esta privatización dende CxG sabemos que beneficiar a BURELA NON. Cada quen que pense o que queira.
Temen queremos denunciar publicamente a falta de palabra do Sr. Llano no relativo a o monolito de homenaxe os mariñeiros. O 22 de xullo, nos xa tradicionais anuncios de prensa do Sr. Alcalde, aseguraba que no mes de agosto sería colocado un monolito, no Cabo Burela, “iluminado polas noites” que estaría rematado en agosto, de novo MENTIRA. E mentres un B.I.C (ben de interese cultural) daquela zona esquecido e tapado polos toxos, a cultura non é so Peter Pan.
Isto son solo dúas mostras da seria política, que predica o Sr. Llano. Asistimos a unha lexislatura sen rumbo nin folla de ruta, na que se esconde a inoperancia detrás dun servizo de prensa TAMÉN PRIVATIZADO, que vende fume e agocha as MENTIRAS.
Esta será a lexislatura da pintura de rúas, perda de servizos e falta de coherencia.
Dende CxG recomendamos menos prensa e máis Traballo, BURELA non pode perder máis trens.