Campos Conde asegurou que iniciou “este novo reto con moita intensidade”. Minutos despois da súa toma de posesión, o Presidente tivo as primeiras reunións de traballo e un encontro, na compaña da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, cos Presidentes dos Tribunais Superiores de Xustiza de Galicia e Asturias, e co Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, que se atopaban no Pazo de San Marcos con motivo da celebración do Encontro Galaico-Astur: medios de comunicación e lenguaxe xurídico.
Ao longo desta mañá, o titular provincial, xunto a outros compañeiros do seu equipo de Goberno, visitou aos traballadores da Deputación e mantivo unha reunión co persoal que dirixe cada un dos departamentos provincias.
Campos Conde adiantou que o martes visitará as restantes áreas provinciais e reunirase cos representantes sindicais do organismo provincial, pois “quero coñecer aos profesionais da institución e transmitirlles unha mensaxe de tranquilidade. A normalidade volta á Deputación de Lugo”.