Site icon Crónica3.com A Mariña

Darío Campos, novo presidente da Deputación

Con 13 votos a favor e 12 en contra da moción de censura presentada por socialistas e nacionalistas na Deputación Provincial; o alcalde da Pontenova eríxese como novo presidente do organismo en detrimento doutra mariñá, a popular mindoniense Elena Candia.

A gran expectación ante este pleno extraordinario centrábase no alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, que entraba no salón xunto aos seus compañeiros e deputados socialistas.

Despois dos discursos do candidato á presidencia da Deputación de Lugo, Darío Campos, que aceptaba a proposta da maioría dos deputados e deputadas do ente que tamén asinaban a moción de censura á presidenta popular; a propia Elena Candia; o deputado nacionalista Antonio Veiga; o voceiro do grupo provincial socialista, Álvaro Santos; e o voceiro do goberno provincial, Carlos Armesto; procédese á votación.

Con 13 “si” e 12 “non”, prospera a moción de censura erixindo a Darío Campos como novo presidente da Deputación Provincial que, posteriormente, xura o seu cargo e ofrece o primeiro discurso á fronte do organismo no que repasa a súa traxectoria e senta as bases do novo mandato “en colaboración cos Concellos”.

Exit mobile version