Site icon Crónica3.com A Mariña

Día da Biblioteca en Burela con Magín Blanco

O vindeiro 24 de outubro, é o día da Biblioteca, co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas e nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medar como lectores e como persoas, a Biblioteca de Burela únese a esta data co fin de promocionar os bos libros infantis e xuvenís e a lectura entre os máis novos , para elo contaremos este día coa actuación de MAGÍN BLANCO e o seu espectáculo “libros en-cantados”.

Un ano máis e dentro do programa de” Ler conta moito, “que a Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pon a disposición, das Bibliotecas Galegas, unhas actividades de dinaminación da lectura, e nós , contaremos con MAGÍN BLANCO e as súas historias.

Nesta ocosión Magín Blanco, creador de “A nerna e o grilo” , “A nena e o grilo nun barquiño”, “Gatuxo”, e outras moitas composicións que forman parte de propostas musicais para público infantil como “Maria Fumaça” e “Rosalía Pequeniña” interpretará en directo unha selección dos temas para público infantil que el mesmo compuxo acompañados dunha narración, que ó igual que sucede nas súas publicacións construen unha narración de cancións e contos.

O formato que nesta ocasión empregará Magín é un comtacontos musicado en donde as letras das cancións e as súas introduccións son as que marcarán o ritmo da actividade.

Se coa edición dos libros pretendemos estimular a curiosidade e a creatividade. Neste directo as cancións e os contos abrirán as portas para que poidan crear o seu proprio universo e achegarse ás historias dende a perspectiva do autor, ó tempo que comparten con el os espacios propios dos libros e nos que tamén a música ten un lugar.

É esta a proposta máis cercana entre o público e o autor, na que Magín busca a complicidade do público compartindo con el o seu proceso creativo, buscando a súa axuda e participación na interpretación das cancións e na búsqueda de novos argumentos creativos.

O acto terá lugar no auditorio da Casa da Cultura o vindeiro sábado 24 ás 17.30 horas. A entrada será libre.

Exit mobile version