Site icon Crónica3.com A Mariña

Directivos e técnicos de Alcoa San Cibrao achegan a fábrica ó alumnado do Instituto Marqués de Sargadelos

Directivos e técnicos voluntarios de Alcoa San Cibrao visitan este luns 19 de outubro o Instituto de Ensinanza Superior Marqués de Sargadelos para explicar ós alumnos os procesos e sistemas de producción de alúmina e de aluminio que se desenvolven no complexo industrial de Alcoa na Mariña, así coma sobre os valores de Alcoa e os aspectos máis relevantes da industria. A ANPA do centro recibirá así mesmo unha axuda de 3.000 dólares da Fundación Alcoa.

A formación impartirase a alumnos de 3º e 4º ESO, de 1º e 2º Bachillerato e do Ciclo Superior Química Industrial co fin de que coñezan mellor o relativo ás actividades, productos, operacións e prácticas da fábrica, así coma os seus valores de medio ambiente, saúde e seguridade.

A importancia de transmitir ditos coñecementos ó alumnado vén dada pla estreita colaboración académica que Alcoa e o centro educativo veñen mantendo na impartición do Ciclo de Química Industrial, a proximidade física e a relevancia do complexo industrial na comunidade, tanto polo vínculo do gran número de familias de traballadores da fábrica, coma polo tecido socio-económico que se articula no seu entorno.

O programa da sesión formativa iniciarase cunha presentación de Francisco Malla, vicepresidente da ANPA Marqués de Sargadelos e unha introducción sobre as curiosidades científicas do aluminio e a historia da fábrica de Alúmina-Aluminio a cargo de Ana Longarela, profesora do Ciclo Superior de Química Industrial.

Por parte de Alcoa, Vanesa Expósito, supervisora de Medio Ambiente, falará sobre Medio Ambiente e as mejoras que aporta o uso do gas natural como combustible na planta de Alúmina; Miguel Carrillo, Xefe de Seguridade, sobre a seguridad en Alcoa, e Marco Candia, Xefe de Electrolise, explicará o proceso de electrolise.

Así mesmo, organizaranse dúas mesas de traballo formadas por técnicos de Alcoa e alumnos, que profundizarán no coñecemento do sistema de obtención de alúmina, a pegada de carbono e o aforro enerxético. Contarán entre os seus compoñentes con Bárbara Guisasola, Maria Aren, Faustino Rodil e Ignacio Fernández Auro, 4 ex alumnos do instituto que na actualidade son traballadores de Alcoa.

Un grupo de voluntarios da planta de Alúmina encargarase da preparación, loxística e instalación do equipamiento necesario para o desenvolvemento das actividades.

Alcoa e Fundación Alcoa, xunto cos voluntarios da fábrica de San Cibrao, manteñen unha colaboración estreita co IES Marqués de Sargadelos. Como fruto desa colaboración destaca o ciclo Superior de Química Industrial e o proxecto de Formación en Eco-Innovación, así coma outras iniciativas como a formación en seguridade impartida por voluntarios da fábrica.

Esta actividade forma parte do programa de Mes do Voluntariado de Alcoa San Cibrao que a compañía celebra en todo o mundo por décimo ano consecutivo. Fundación Alcoa susténtase dos seus propios activos financeiros e non dos beneficios de Alcoa. O seu principal obxectivo é mellorar a calidade de vida nas comunidades nas que a compañía está presente. Alcoa promove e respalda o voluntariado solidario e a acción social na comunidade dos seus empregados, para o que conta con programas específicos, os plans Acción e Bravo.

Exit mobile version