Site icon Crónica3.com A Mariña

Empate no Pepe Barrera co gol da estrea de Borja Mella

Xusto empate no Pepe Barrera para un Ribadeo que continúa en postos de descenso ó encadear 5 xornadas sen coñecer a vitoria.

As importantes baixas entre os celestes manteñen aos de Germán Campos e Manolo Vilachá en horas baixas. Ante o Silva conseguiron un punto grazas a Borja Mella que estreaba cun cabezazo a súa conta goleadora en Terceira División.

Jhony marcaba para os visitantes no minuto 61 tras corrixir a traxectoria dun balón procedente das botas de Michi Leal. Sen interese por alcanzar a meta de Diego dos Santos, o Silva permitía espertar o xogo dos locais que lograba chegar á meta dos visitantes antes do gol de Borja Mella a centro de Javicho dende a banda esquerda no minuto 79.

Co empate a 1 gole e o reparto de puntos, os celestes visitarán á SD Negreira que suma 10 puntos, 2 máis que os mariñáns.

Exit mobile version